Exposición 'Culturas en Diálogo. Lugo-Arxentina', en Alfoz

Listen to this page using ReadSpeaker
373 lecturas

Do luns 13 de xaneiro ao domingo 2 de febreiro pode visitarse na Antiga Escola de Adelán do concello lucense de Alfoz a mostra Culturas en Diálogo. Lugo-Arxentina, organizada pola Rede Museística Provincial de Lugo en colaboración coa Asociación de Inmigrantes e Retornados Rioplatenses de Lugo,  que recompila material fotográfico e documental arredor da emigración galega a América. 

  • O obxectivo é poñer en valor os testemuños, en clave intercultural, das relacións entre diferentes xeracións polo que, paralelamente á exposición, se organizan actividades dirixidas especialmente aos centros escolares.

Visitas: A mostra poderá visitarse en Adelán os xoves e os domingos, de 17:00 a 19:00 horas ata o 2 de febreiro, grazas á  colaboración da Asociación de Veciños de Adelán. Fóra desas datas, as visitas deberán concertarse a través do Concello de Alfoz (650119367).

Máis info: www.concellodealfoz.com | Facebook | Instagram

Exposición 'Culturas en Diálogo. Lugo-Arxentina', en Alfoz
Evento: 
Exposición
Organiza: 
Centro socio-cultural Antiga Escola de Adelán
Concello de Alfoz
Asociación Rioplatenses de Lugo
Data: 
13.01.2020
02.02.2020
Hora: 
17:00
Lugar:
Centro socio-cultural Antiga Escola de Adelán
O Cristo, s/n (parroq. de Santiago de Adelán)
Alfoz - 27773Lugo
España
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta: