Exposición "Baldomero Pestana. A verdade entre as mans", en París

Listen to this page using ReadSpeaker
238 lecturas

O sábado 13 de outubro ás 18:00 h, na Sala de Exposiciones do Instituto Cervantes de París, inaugúrase a mostra Baldomero Pestana. A verdade entre as mans, unha selección de 60 retratos fotográficos e outros documentos do fotógrafo lucense, que estará exposta na sede da entidade académica ata o sábado 8 de decembro.

  • O Instituto Cervantes e a Xunta de Galicia a través da súa Cidade da Cultura de Galicia recuperan a figura de  Baldomero  Pestana a través dunha rigorosa retrospectiva que reúne unha ampla mostra deste fotógrafo nado en Pozos, Castroverde (Lugo, 1917) e falecido en Bascuas (Lugo, 2015)
  • Baldomero Pestana é un galego froito da emigración, que regresa á súa terra ao final dos seus días e deixa o seu legado –17.000 negativos, moitos deles inéditos– en Galicia, que na práctica unicamente o viu nacer.
  • A exposición, comisariada por Chus Villar e Juan  Bonilla, convida a percorrer os lugares nos que  Pestana residiu e que son os protagonistas das súas fotografías: Bos Aires, Lima, París ou Galicia, entre outros. Nela, destacan o seu traballo como  retratista de personaxes relevantes do seu tempo ( Lalo  Schifrin,  Dizzy  Gillespie, Gabriel García Márquez, Mario  Vargas Llosa, Blanca Varela, Herman  Braun-Vega ou  Man Ray, entre outros) e a súa faceta de fotógrafo viaxeiro, capaz de captar a esencia de, por exemplo, Villa Miseria, Cuzco, Río de Janeiro ou París.

Catálogo: edición en español, galego e inglés. Catálogo de 322 páxinas, con textos de Juan Manuel Bonet, Alberto Núñez Feijóo, Carmen Rico, e os/as comisarios/as Chus Villar e Juan Bonilla, ademais da reprodución de todas as fotografías que compoñen a mostra. Para esta ocasión editarase un folleto en castelán e francés.

Horario de visita: de luns a venres, de 10:00 h a 20:00 h. Sábados, de 9:30 h a 16:30 h 

Máis info: cultura.cervantes.es/paris | Facebook | Twitter

Exposición "Baldomero Pestana. A verdade entre as mans", en París
Evento: 
Exposición
Organiza: 
Instituto Cervantes de París
Cidade da Cultura de Galicia - Xunta de Galicia
Data: 
13.10.2018
08.12.2018
Hora: 
19:00
Lugar:
Instituto Cervantes de París
7 Rue Quentin Bauchart
París - 75008
Francia