Exposición '56 páxinas das nosas Letras', no Centro Galego de Lisboa
Ata o xoves 22 novembro pode visitarse, no Salón Leocadio Boullosa da sede da Xuventude de Galicia - Centro Galego de Lisboa, a mostra 56 páxinas das nosas Letras.
- Esta exposición itinerante, promovida polo Parlamento galego, a Xunta de Galicia e a Real Academia Galega (RAG) para poñer en valor as figuras homenaxeadas cada 17 de maio desde 1963 no Día das Letras Galegas, puido visitarse con anterioridade na Casa dos Açores da capital lusa no marco da cooperación institucional entre a Cámara galega e a súa homóloga azoriana, recoñecida e premiada pola Conferencia de Asembleas Rexionais Lexislativas Europeas, que ten como obxectivo estreitar os lazos de unión das dúas rexións europeas que comparten unha xénese lingüística común, atlantismo e autonomía propia
Máis info: Tlf. 218853680 | geral@juventudedagaliza.com | www.juventudedagaliza.com | Facebook | Instagram

Evento:
Exposición
Organiza:
Xuventude de Galicia - Centro Galego de Lisboa
Data:
22.11.2018
Lugar:
Xuventude de Galicia - Centro Galego de Lisboa
Júlio de Andrade, 3 (Campo dos Mártires da Pátria)
Lisboa - 1150-206 Portugal
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:





