Estrea de 'Si fuesen turistas llevarían gafas de sol', en Montevideo

Listen to this page using ReadSpeaker
532 lecturas

O xoves 24 de outubro ás 21:00 h, no Centro Cultural de España en Montevideo e organizada pola Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia, estréase a obra Si fuesen turistas llevarían gafas de sol.

  • Si fuesen turistas llevarían gafas de sol é unha comedia que reflexiona sobre a nosa emigración pasada e presente. Os/as que se foron, os/as que quedaron, os/as que acolleron. Un proxecto sobre a memoria e desmemoria con 9 artistas en escena chegados/as desde Galicia, Portugal, Arxentina e Uruguai que fusiona teatro e música en directo.
  • O proxecto é unha coprodución do Centro Dramático Galego, Teatro Nacional D. Maria II de Lisboa, Cía Nacional de Fósforos de Buenos Aires, Comedias do Minho e El Mura de Montevideo co auspicio do INAE, que tamén se representará no CCE Montevideo os días 25 e 26 de outubro ás 21:00 h.

Invitacións: Poden obterse de balde para a estrea do día 24, ata un máximo de 5 por persoa, reservando por orde de solicitude ata encher o aforo contactando coa Delegación da Xunta de Galicia en Montevideo (Teléfono +598 2 908 9517 | delegacion.montevideo@xunta.es)

Máis info: dossier informativo sobre a obra

Estrea de 'Si fuesen turistas llevarían gafas de sol', en Montevideo
Evento: 
Representación
Organiza: 
Secretaría Xeral da Emigración - Xunta de Galicia
Data: 
24.10.2019
Hora: 
21:00
Lugar:
Centro Cultural de España
Rincón 629
Montevideo - 11000Montevideo
Uruguai