Estrea do documental "Celso Emilio Ferreiro, o poeta da vida", en Madrid

Listen to this page using ReadSpeaker
675 lecturas

O xoves 29 de maio ás 19,30 h., na Casa de Galicia en Madrid - Delegación da Xunta de Galicia en Madrid, estrearase a curtametraxe Celso Emilio Ferreiro, o poeta da vida, unha aproximación contemporánea, non académica e fresca do cineasta Aser Álvarez, á figura de Celso Emilio Ferreiro. Na presentación do filme intervirán Plácido Romero, coordinador do DVD 102 testemuños de aniversario; Aser Álvarez, director do documental; e Antonio Rodríguez Miranda, secretario xeral da Emigración.

  • A curtametraxe, subtitulada en inglés, é unha versión reducida, unha síntese con claro obxectivo didáctico, da longametraxe documental 100% CEF, que foi elixida mellor documental nos premios Mestre Mateo 2013. A cinta combina unha caracterización do autor a cargo de Luis Tosar, con testemuños dos seus biógrafos e xente achegada ao poeta de Celanova. Documental biográfico que non aspira a abarcar toda a súa vida e obra, senón que se trata dun exemplo interpretativo onde se dá voz a xente moi diversa e heteroxénea.
  • Esta montaxe é o resultado dun intenso traballo de investigación e aportación á vida e obra do poeta de Celanova, que levou ao equipo dirixido por Álvarez a rebuscar en arquivos de Asturias, Celanova, Madrid, Vigo, Pontevedra e Venezuela.
Estrea do documental "Celso Emilio Ferreiro, o poeta da vida", en Madrid
Evento: 
Proxección
Organiza: 
Casa de Galicia en Madrid
Data: 
29.05.2014
Hora: 
19,30
Lugar:
Casa de Galicia en Madrid - Delegación da Xunta de Galicia en Madrid
Casado del Alisal, 8
Madrid, Madrid
España