Entroido para adultos na Casa de Galicia en León
A Casa de Galicia en León celebra o sábado 21 de febreiro, a partir das 21:00 horas, a súa festa de Entroido para adultos.
Os organizadores animan a acudir aos asistentes co seu mellor disfrace para un evento que contará con:
- Cea Show con Joe Colino.
- Dj La Señal.
- Premios para grupo, parella e individual.
O menú da cea custará 30€ e levará:
- Táboa de embutidos, croquetas caseiras e pastel de Cabracho.
- Bacallau ou carrilleira.
- Sobremesa, bebidas e café.
Os non socios deberán pagar 10€ para o pase.
Inscricións: Ata o 18 de febreiro.

Evento:
Entroido
Organiza:
Casa de Galicia en León
Data:
21.02.2026
Hora:
21:00
Lugar:
Casa de Galicia en León
Estrada de Vilecha, s/n
Trobajo del Cerecedo - 24192León España
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:






