Encontro Coral no Centro Galicia de Bos Aires
O venres 26 de outubro ás 20,00 h., na sede da entidade, o Centro Galicia de Bos Aires, a través da súa Comisión de Cultura, organiza un Encontro Coral, que contará coa actuación do Coro do Centro Galicia de Buenos Aires xunto ao Grupo de Canto "Lembranzas de Cambados", a Coral Nemus, o Coro "Voces del Plata", o Coro del Centro Burgales e o Coro da Mutual del Personal do Diario La Nación. A entrada é de balde.

Evento:
Concerto
Organiza:
Centro Galicia de Buenos Aires, Cultura, Social y Deportivo
Data:
26.10.2012
Hora:
20,00
Lugar:
Centro Galicia de Buenos Aires
Bartolomé Mitre, 2552
Buenos Aires - 1039Arxentina
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:





