Emprende América - 'Doing Business en Latinoamérica: requisitos e metodoloxía para o emprendemento', en México

Listen to this page using ReadSpeaker
987 lecturas

Do 23 ao 25 de xuño, no Patronato do Parque España na cidade de Puebla, celebrarase o Emprende América - 'Doing Business en Latinoamérica: requisitos e metodoloxía para o emprendemento', proxecto de IFFE Business School subvencionado polo 'Programa de Jóvenes' da Secretaría Xeral de Inmigración e Emigración do Ministerio de Emprego e Seguridade Social do Goberno de España, que nace co obxectivo de apoiar e asesorar a mozos/as españois/las no proceso de planificación e posta en marcha dunha empresa en México, Colombia, Ecuador e Perú.

Requisitos para participar:

  • Residir nalgún dos países obxecto (México, Colombia, Ecuador ou Perú)
  • Ter nacionalidade española
  • Ser menor de 35 anos (data de nacemento posterior ao 31/12/1980)
  • Estar inscrito/a no Rexistro de Matrícula Consular correspondente (Consulado de España)

Máis info e inscricións: picar aquí

Emprende América - 'Doing Business en Latinoamérica: requisitos e metodoloxía para o emprendemento', en México
Evento: 
Curso
Organiza: 
Emprende América
Data: 
23.06.2016 a 25.06.2016
Lugar:
Patronato del Parque España, 25 Oriente #1001
25 Oriente #1001
Puebla - 72500Puebla
México