Emoción, vida e teatro: a nave das Marías no Centro Español de Ingolstadt
Emoción, vida e teatro: a nave das Marías é a segunda película que proxectaremos en Ingolstadt dentro do ciclo Mestre Mateo grazas á colaboración coa Secretaría Xeral da Emigración. Este é un ciclo de varias películas finalistas destes premios, elixidas polos profesionais do sector audiovisual que conforman a Academia Galega do Audiovisual.
Este é un documental que destaca a importancia do teatro como ferramenta de intervención social. As persoas involucradas no proceso de creación da Nave das Marías contan de primeira man como as clases de teatro e o proceso creativo influíron nese momento das súas vidas.
«A Nave das Marías» foi unha peza teatral creada no marco do programa da ONG Ecos do Sur para dar ás mulleres migrantes -a maioría latinoamericanas- un espazo de participación e visibilidade promovendo procesos de sensibilización social no ámbito da igualdade de xénero.
Cartel informativo: Descargar
Máis info: Facebook







