Distincións "Rosalía" e "Virxinia Pereira"

Listen to this page using ReadSpeaker
736 lecturas

O colectivo de mulleres galegas na diáspora Herbas de Prata convoca a edición 2012 das distincións "Rosalía" e "Virxinia Pereira" en conmemoración do Día Internacional da Muller, que recoñecen cada ano a dúas mulleres como xeito de botar luz sobre as galegas que na súa vida visible ou privada colaboraron e garantiron a pervivenza da cultura galega na Arxentina.

  • A distinción "Rosalía" (que se simboliza cunha roseira para a homenaxeada) recoñece a esas mulleres que levan unha vida de loita pública nalgunha causa nobre.
  • O recoñecemento "Virxinia Pereira", representado por unha cameleira para a muller que o leve, pretende facer público o traballo anónimo desas galegas que co seu labor privado, contribuíron ao desenvolvemento das súas familias e souberon sementar nelas o amor e o respecto pola súa orixe galega.

Prazo de proposta de candidaturas: ata o domingo 26 de febreiro
Enderezo-e proposta de candidaturas: herbasdeprata@gmail.com
Prazo de votación: do luns 27 de febreiro ata o martes 6 de marzo ás 18,00 h. (hora local arxentina)
Máis info e votacións: http://www.herbasdeprata.blogspot.com/

Distincións "Rosalía" e "Virxinia Pereira"
Evento: 
Premios
Organiza: 
Asociación Herbas de Prata
Data: 
06.03.2012
Hora: 
18,00
Lugar:
Herbas de Prata - Buenos Aires
Arxentina
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta: