Disertación 'A emigración galega na Arxentina: testemuños orais, tradición e identidade no s. XXI', en Bos Aires

Listen to this page using ReadSpeaker
867 lecturas

O xoves 3 de agosto a partir das 18:30 h, na Biblioteca Galega de Bos Aires 'Antonio Pérez Prado' da Federación de Asociaciones Gallegas de la República Argentina, a Prof.ª Dr.ª Gabriela Scartascini Spadaro pronunciará a conferencia A emigración galega na Arxentina: testemuños orais, tradición e identidade no s. XXI, con entrada libre e de balde.

  • As comunidades emigrantes exprésanse a través de presenzas, actitudes, imaxinarios e experiencias comúns, mediante as que constrúen trazos identitarios que os distinguen doutros grupos. Que aspectos ou episodios da súa experiencia destacan como substanciais ao seu proceso migratorio? Como foi a súa adaptación? Cales son os costumes e tradicións consecuencia da galeguidade e que permaneceron vixentes no século XXI? A través da descrición etnográfica e testemuños orais, a Dr.ª Gabriela Scartascini Spadaro (Profesora Investigadora do Centro Universitario de la Costa, Universidad de Guadalajara, México), recupera a memoria deses/as emigrantes e constrúe unha documentación de primeira man, xerando así un acervo no que se abraza unha comunidade onde conviven os/as migrantes en sentido estrito, e os/as seus/súas fillos/as, netos/as e bisnietos/as nados/as na Arxentina

  • Expoñerá aspectos relacionados coa dinámica da historia oral e a valoración dos testemuños como expresión da memoria viva dunha comunidade.

  • O diálogo posterior terá o obxectivo de compartir experiencias e ideas que enriquezan a continuidade dos procesos cara á preservación da identidade galega en Arxentina

Máis info: na web www.fsgallegas.org.ar, facebook, Twitter e Instagram

Disertación 'A emigración galega na Arxentina: testemuños orais, tradición e identidade no s. XXI', en Bos Aires
Evento: 
Conferencia/Charla
Organiza: 
Federación de Asociaciones Gallegas de la República Argentina
Data: 
03.08.2017
Hora: 
18:30
Lugar:
Biblioteca Gallega de Buenos Aires 'Antonio Pérez Prado'
Chacabuco, 955 (San Telmo) - Federación de Asoc. Gallegas de la Rep. Argentina
Ciudad Autónoma de Buenos Aires - 1069Ciudad Autónoma de Buenos Aires (CABA)
Arxentina