Diálogos ao redor de Castelao, na Cidade da Cultura de Galicia

Listen to this page using ReadSpeaker

Avísame

176 lecturas

Para celebrar o Día de Castelao —que se conmemora facéndoo coincidir coa data do seu nacemento, o 30 de xaneiro— a Cidade da Cultura de Galicia organiza o ciclo Diálogos ao redor de Castelao, que procura abrir un espazo de conversa, análise e reflexión entre personalidades da actualidade, á vez que propiciar a súa posta en relación con expertos/as na biografía e na época do artista e intelectual galeguista.

Esta actividade dinámica servirá de estupendo alfinete para a exposición Castelao maxistral. A boa obra ao mestre honra, que acolle o Museo Centro Gaiás desde o pasado 5 de outubro e que se clausura o 3 de marzo de 2019. Esta mostra supuxo todo un fito histórico, xa que exhibe por vez primeira en Galicia a icónica obra A derradeira leición do mestre, considerada o 'Guernica galego', pintada en 1945 por Castelao en Buenos Aires en homenaxe ao seu amigo, o intelectual Alexandre Bóveda, asasinado en 1936.

Programa:

  • 30 de xaneiro, 18:30 h. - Carlos L. Bernárdez: Fronte da Arte. Castelao e a plástica galega durante a Guerra Civil
  • 6 de febreiro, 18:30 h. - Miguel Anxo Seixas: A Lección de Castelao                         
  • 13 de febreiro, 18:30 h. - Jose Julio Fernández: Os debuxos de Castelao. Claves da súa capacidade comunicativa nunha opinión pública democrática
  • 20 de febreiro, 18:30 h. - Siro López: Castelao, o humor galego en Europa
  • 27 de febreiro, 18:30 h. - Pilar Cagiao: Castelao e a configuración das comunidades galegas no exterior

Entradas: de balde, previa inscrición

Máis info: www.cidadedacultura.gal | Facebook | Twitter | Instagram

Diálogos ao redor de Castelao, na Cidade da Cultura de Galicia
Evento: 
Conferencia/Charla
Organiza: 
Santiago de Compostela
Data: 
30.01.2019
06.02.2019
13.02.2019
20.02.2019
27.02.2019
Hora: 
18:30
Lugar:
Aula Seminario. Museo Centro Gaiás
Monte Gaiás, s/n
Santiago de Compostela - 15707A Coruna
España
  • O TEMPO EN:Santiago de Compostela
    Hoxe
    10°
    Chuvia lixeira intermitente
    Mañá
    Parcialmente anubrado
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta: