Día de Galicia 2016 no Centro Gallego de Bos Aires
Do luns 25 ao venres 29 de xullo, na súa sede na capital arxentina, o Centro Gallego de Bos Aires celebra o Día de Galicia coa seguinte programación:
Luns 25 de xullo - 17,00 h.
- Ofrendas florais diante dos bustos de Castelao e Rosalía de Castro, himno galego e palabras sobre a relevancia da efeméride
Martes, 26 de xullo - 17,00 h.
- Inauguración da 2ª mostra de arte do Ciclo de exposicións artísticas no espazo Isaac Díaz Pardo: A Lingua Galega, Historia e Dereitos Lingüísticos, de Xan Leira
Mércores, 27 de xullo - 17,00 h.
- Entrega de medallas aos/ás socios/as
Xoves, 28 de xullo - 17,00 h.
- Entrega de medallas a traballadores/as e profesionais
Venres, 29 de xullo - 19,30 h. (Teatro Castelao)
- Espectáculo de música e danza tradicional galega a cargo de distintos grupos folclóricos da colectividade (Asociación Sta. Comba de Xallas; Sociedade Galega de Arantei, Vilamarín e A Peroxa; Asociación Casa de Galicia; Xeito Novo; Sociedad Parroquial de Vedra; e Agrupación Folklórica Baixo Miño), queimada e pratos típicos galegos para os/as asistentes

Evento:
Día de Galicia
Organiza:
Centro Gallego de Buenos Aires - Mutualidad - Cultura - Acción Social
Data:
25.07.2016 a 29.07.2016
Lugar:
Centro Gallego de Buenos Aires - Hall
Av. Belgrano, 2199
Ciudad Autónoma de Buenos Aires - 1094Ciudad Autónoma de Buenos Aires (CABA) Arxentina
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:





