Día de Galicia 2012 en Bos Aires

Listen to this page using ReadSpeaker
763 lecturas

O sábado 28 de xullo a partir das 19,30 h., no Teatro Bambalinas de Bos Aires, a Federación de Asociaciones Gallegas de la República Argentina celebrará o 25 de xullo-Día de Galicia. Animarán a velada as actuacións do grupo Achaiva da Ponte, o Grupo de Gaitas e Baile Galego “Dúas Beiras” e a Coral Semente. O acto rematará coa elaboración da tradicional queimada a cargo de Ramón Suárez “O Muxo”. A entrada é de balde.

Imaxe do grupo Achaiva da Ponte, que actuará na celebración.
Evento: 
Aniversario
Organiza: 
Federación de Asociaciones Gallegas de la República Argentina
Data: 
28.07.2012
Hora: 
19,30
Lugar:
Teatro Bambalinas
Chacabuco, 947
Ciudad Autónoma de Buenos Aires - 1069
Arxentina