Día del Patrimonio 2018, no Patronato da Cultura Galega de Montevideo

Listen to this page using ReadSpeaker
481 lecturas

O sábado 6 e o domingo 7 de outubro, en horario de 12:00 a 18:00 h, na sede da entidade galega na capital uruguaia, o Patronato da Cultura Galega de Montevideo participa no Día del Patrimonio 2018 que organiza o Ministerio de Educación y Cultura, a través da Comisión de Patrimonio Cultural de la Nación, e que na súa 24ª edición leva por lema Patrimonio y Diversidad Cultural, 70 años de la Declaración universal de los derechos humanos.

Programa:

  • De 12:00 a 15:00 h efectuaranse visitas guiadas pola sede da institución, un antigo casarón construído a fins do século XIX, o que permitirá aos/ás visitantes ademais de percorrela, coñecer a súa historia e apreciar detalles da súa construción e mobiliario
  • Ambos os días, a partir das 15:00 h, nas horas en punto (15:00, 16:00 e 17:00 h) haberá: espectáculo de teatro, canto coral, baile galego, baile crioulo, percusión e gaita
  • Tamén haberá unha charla sobre a achega dos/as galegos/as á sociedade uruguaia a cargo de Carmiña Lorenzo

Máis info: Facebook

Día del Patrimonio 2018, no Patronato da Cultura Galega de Montevideo
Evento: 
Outros
Organiza: 
Patronato da Cultura Galega
Data: 
06.10.2018 a 07.10.2018
Hora: 
12:00
Lugar:
Patronato da Cultura Galega
Avda. Gral. Rondeau, 1421
Montevideo - 11100Montevideo
Uruguai
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta: