Día das Letras Galegas e Fin de curso 2017, na EOI Jesús Maestro de Madrid
O mércores 17 de maio de 19:00 a 21:00 h., no Salón de Actos da sede da EOI, as profesoras e o alumnado de galego da Escola Oficial de Idiomas Jesús Maestro de Madrid botan o peche ao curso 2016/2017 e celebran o Día das Letras Galegas 2017.
Programación (con entrada libre e de balde):
- Homenaxes a Carlos Casares, escritor ourensán a quen se dedica a presente edición da gran festa da cultura galega, e á xenial artista Maruxa Mallo
- Lectura dramatizada da obra de teatro As laranxas máis laranxas de todas as laranxas, de Carlos Casares
- E outras sorpresas máis
Máis info: no facebook

Evento:
Día das Letras Galegas
Organiza:
EOI Jesús Maestro de Madrid - Departamento de galego
Data:
17.05.2017
Hora:
19:00
Lugar:
Escuela Oficial de Idiomas Jesús Maestro - Salón de Actos
Jesús Maestro, 5 - (Metro: Islas Filipinas / Guzmán el Bueno)
Madrid - 28003Madrid España
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:





