Día das Letras Galegas 2022 en Sevilla
O sábado 14 de maio ás 19:00 h, na sede da entidade galega na capital andaluza, o Lar Gallego de Sevilla celebra o Día das Letras Galegas 2022.
Conferencia sobre Florencio Delgado Gurriarán, autor homenaxeado na presente edición do Día das Letras Galegas, que pronunciarán Gertrudis Rodríguez Medina, presidenta da Asociación Cultural Poeta Luis Cernuda, e Sandra Rodríguez, delegada de Cultura do Lar Gallego.
Darase a coñecer o nome do relato gañador do XIV Certame de Relatos Curtos “María Teresa Rodríguez”.
Pecharán o acto as/os membros da Asociación Cultural Poeta Luis Cernuda cun recital de poesía que homenaxea as mulleres da Xeración do 27.
Cartel informativo: descargar

Evento:
Día das Letras Galegas
Organiza:
Lar Gallego de Sevilla
Data:
14.05.2022
Hora:
19:00
Lugar:
Lar Gallego de Sevilla
Padre Méndez Casariego, 27
Sevilla - 41003Sevilla España
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:





