Día das Letras Galegas 2021 na Nosa Galiza de Xenebra
O sábado 9 de outubro ás 19:00 h, no Restaurante Brasserie Arcoop de Carouge (cantón de Xenebra), a Sociedade A Nosa Galiza de Xenebra, celebra o Día das Letras Galegas cunha conferencia que pronunciará Henrique Dacosta López, profesor de Lingua Galega e Literatura, na que falará de Ricardo Carvalho Calero, o persoeiro homenaxeado en 2020, e de Xela Arias, a quen a Real Academia Galega acordou dedicar en 2021 a gran festa da nosa cultura.
- A partir das 17:30 h, exposición do traballo das palilleiras da entidade
Máis info: Facebook

Evento:
Día das Letras Galegas
Organiza:
Sociedade "A Nosa Galiza"
Data:
09.10.2021
Hora:
19:00
Lugar:
Restaurant Brasserie Arcoop
Rue des Noirettes 32
Carouge - 1227Geneva Suíza
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:





