Día das Letras Galegas 2020 para as cativas e cativos galegos do exterior

Listen to this page using ReadSpeaker
1477 lecturas

O domingo 17 de maio a partir das 16:00 h a Secretaría Xeral da Emigración celebra coas e cos cativos galegos do exterior o Día das Letras Galegas 2020 cunha actividade de contacontos e debuxo en homenaxe a Ricardo Carvalho Calero, o homenaxeado na presente edición da gran festa da nosa cultura.

Actividade:

  • O contacontos, que correrá a cargo de Polo Correo do Vento, permitirá ás e aos máis pequenos seguir a vida de Carvalho Calero por boca de Enrique Mauricio, mentres a figura do poeta e ensaísta vai tomando forma a través do carboncillo de Carlos Taboada.
  • Trala primeira parte da sesión, Carlos Taboada ofrecerá un obradoiro para ensinar aos espectadores e espectadoras a debuxar o homenaxeado deste ano no Día das Letras Galegas. Durante esta sección, os nenos e nenas poderán interactuar co debuxante e mesmo exporlle algunha dúbida sobre a realización do debuxo.

Emisión: a través de Facebook Live

Máis info: emigracion.xunta.gal | Facebook | Twitter | Instagram | YouTube 

Kike

Carlos

Día das Letras Galegas 2020 para as cativas e cativos galegos do exterior
Evento: 
Día das Letras Galegas
Organiza: 
Secretaria Xeral da Emigración
Data: 
17.05.2020
Hora: 
16:00
Lugar:
Secretaría Xeral da Emigración
Praza de Mazarelos, 15
Santiago de Compostela - 15703A Coruña
España
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta: