Día das Letras Galegas 2019, en Montevideo

Listen to this page using ReadSpeaker
78 lecturas

O venres 17 de maio a partir das 19:30 h, na sede da decana das entidades galegas no exterior, o Centro Social e Cultural Bergantiños, o Centro Galego de Montevideo e a Casa de Galicia de Montevideo celebrarán o Día das Letras Galegas 2019, no que na presente edición da gran festa da nosa cultura a Real Academia Galega decidiu homenaxear a Antonio Fraguas Fraguas.

Programa:

  • Conferencia sobre a figura do homenaxeado, pronunciada por Manuel Losa Rocha
  • Actuación dos conxuntos de folclore galego da Casa de Galicia
  • Brinde de confraternidade

Máis info: www.centrogallegodemontevideo.com

Día das Letras Galegas 2019, en Montevideo
Evento: 
Día das Letras Galegas
Organiza: 
Casa de Galicia de Montevideo
Centro Social Cultural Bergantiños
Centro Gallego de Montevideo
Data: 
17.05.2019
Hora: 
19:30
Lugar:
Centro Galego de Montevideo
San José, 870
Montevideo - 11100Montevideo
Uruguai