Día das Letras Galegas 2018, no Centro Galicia de Bos Aires

Listen to this page using ReadSpeaker
823 lecturas

O xoves 17 de maio a partir das 18:00 h, na Biblioteca Rosalía de Castro da sede da entidade, a Comisión de Cultura do Centro Galicia de Bos Aires celebra o Día das Letras Galegas 2018.

  • Compartirase a lectura de textos escritos por María Victoria Moreno, a quen a Real Academia Galega acordou homenaxear na presente edición da gran festa da nosa cultura, e doutras personalidades da cultura galega que escribiron sobre ela
  • Os/as asistentes poderán participar activamente levando un fragmento dalgún texto que queiran ler
  • Quen non poida asistir pero queira participar pode tamén enviar un audio ou vídeo (de non máis de dous minutos) por correo electrónico a: cultura@centrogalicia-bsas.org
  • A entrada é libre e de balde

Máis info: centrogalicia-bsas.org | Facebook | Twitter

Día das Letras Galegas 2018, no Centro Galicia de Bos Aires
Evento: 
Día das Letras Galegas
Organiza: 
Centro Galicia de Buenos Aires, Cultura, Social y Deportivo
Data: 
17.05.2018
Hora: 
18:00
Lugar:
Centro Galicia de Buenos Aires - Biblioteca Rosalía de Castro
Bartolomé Mitre 2552
C1039AAPCiudad Autónoma de Buenos Aires (CABA)
Arxentina
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta: