Día das Letras Galegas 2016 en Salvador de Baía
O martes 17 de maio a partir das 19,00 h., na sede da entidade galega na capital baiana, a Asociación Cultural Caballeros de Santiago de Salvador de Baía celebra o Día das Letras Galegas 2016 cunha homenaxe a Manuel María, o poeta chairego a quen se dedica a presente edición da gran festa da nosa cultura.
Programa:
- 19,00 h. Documental do Día das Letras Galegas e conferencia sobre o Día e o autor homenaxeado a cargo da Profa. Elena Veiga, titular do CELGA (Centro de Estudos da Língua e Cultura Galegas) da UFBA - Universidade Federal da Bahia
- 20,00 h. Actuación do Grupo Folclórico de Caballeros de Santiago
- 20,30 h. Presentación do libro Uma Década no Caminho de Santiago, a cargo de Ancelmo Rocha (un dos seus autores)
- 21,00 h. Presentación da nova Xunta Directiva
- 21,15 h. Queimada, sangría, tortilla e empanada

Evento:
Día das Letras Galegas
Organiza:
Asociación Cultural Caballeros de Santiago
Data:
17.05.2016
Hora:
19,00
Lugar:
Asociación Cultural Caballeros de Santiago
Rua da Paciência, 441 - Río Vermelho
Salvador - 41950-010Bahia Brasil
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:





