Día das Letras Galegas 2016 no CCR Alma Gallega de Montevideo

Listen to this page using ReadSpeaker
695 lecturas

O martes 17 de maio a partir das 18,00 h., na sede da entidade galega na capital uruguaia, o Centro Cultural y Recreativo Alma Gallega de Montevideo celebra o Día das Letras Galegas, que na presente edición de 2016 a Real Academia Galega acordou dedicar ao poeta chairego Manuel María (Outeiro de Rei, 1929 - A Coruña, 2004).

  • Pronunciarase unha charla sobre a vida e a obra do homenaxeado e proxectarase un documental sobre o mesmo
  • Actuacións do Grupo Coral e do Corpo de Baile de Alma Gallega
  • O acto finalizará compartindo unha merenda
  • Máis info no facebook
Día das Letras Galegas 2016 no CCR Alma Gallega de Montevideo
Evento: 
Día das Letras Galegas
Organiza: 
Centro Cultural y Recreativo Alma Gallega
Data: 
17.05.2016
Hora: 
18,00
Lugar:
CCR Alma Gallega de Montevideo
Blandengues, 1522
Montevideo - 11200Montevideo
Uruguai
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta: