Día das Letras Galegas 2016 na Universidade Federal da Bahia

Listen to this page using ReadSpeaker
676 lecturas

O martes 24 de maio a partir das 17,00 h., na Sala de vídeo-conferência do PAF III, o Centro de Estudos da Língua e Cultura Galegas (CELGA) da Universidade Federal da Bahia celebra o Día das Letras Galegas 2016, que na presente edición a Real Academia Galega acordou dedicar ao poeta chaitego Manuel María.

Programación:

  • Canto ao idioma galego: Manuel María, de Betanzos á Terra Chá, conferencia que pronunciará Elena Veiga
  • Proxección dun documental sobre Manuel María
  • Sarau con lectura de poemas de Manuel María
  • Premios do concurso CELGA 2016 e do Homenaxeado do Ano
  • Gran Foliada e petiscos

Máis info: no facebook

Día das Letras Galegas 2016 na Universidade Federal da Bahia
Evento: 
Día das Letras Galegas
Organiza: 
Centro de Estudos da Língua e Cultura Galegas da Universidade Federal da Bahia
Data: 
24.05.2016
Hora: 
17,00
Lugar:
PAF III da UFBA - Sala de vídeo-conferência
Barão de Jeremoabo (Campus Ondina)
Salvador - 40170-110 Bahia
Brasil