Día das Letras Galegas 2016, en Bruxelas

Listen to this page using ReadSpeaker
892 lecturas

O xoves 19 de maio ás 19,00 h., na sede do Centro Galego de Bruxelas - La Tentation, o Couto Mixto de Bruxelas coa colaboración do Centro Galego na capital belga celebran o Día das Letras Galegas 2016 cun recital multilingüe de poesía dedicado a Manuel María, o poeta chairego a quen se dedica a presente edición da gran festa da cultura galega.

  • Participarán na homenaxe os/as poetas/isas Taha Adnan, Adolfo Barberá del Rosal, Frank De Crits, Geert van Istendael, Elke de Rijcke, Kader Sevinç, Silvia Vainberg, Bart Vonck, Xavier Queipo & Ramón Neto, membros do Colectivo de Poetas de Bruxelas, que serán convidados/as a recitar poemas de Manuel María na súa propia lingua e textos propios que cada poeta/isa desexe asociar á obra do autor homenaxeado
Día das Letras Galegas 2016, en Bruxelas
Evento: 
Día das Letras Galegas
Organiza: 
Couto Mixto de Bruxelas
Centro Galego de Bruxelas
Data: 
19.05.2016
Hora: 
19,00
Lugar:
Centro Galego de Bruxelas
Laeken, 28 - Lakenstraat
Bruxelles - 1000Brussels
Bélxica