Día das Letras Galegas 2015 en Santander
O Centro Gallego de Santander celebra o Día das Letras Galegas 2015 cun programa de actividades culturais que renden homenaxe a Rosalía de Castro e a Xosé Fernando Filgueira Valverde, o intelectual pontevedrés a quen a Real Academia Galega dedica a presente edición desta festa da cultura galega. A entrada é libre.
- Mércores, 13 de maio ás 20,00 h.
-Benvida e saúda de José Antonio Otero Hermida, presidente da entidade
-Proxección dun documental de temática galega
-Recital poético sobre a obra de Rosalía de Castro, coa colaboración da Sociedad Cántabra de Escritores
-Actuación do Coro “Voces de Santander” - Venres, 15 de maio ás 19,45 h.
-Actuación do Grupo de Danza “Airiños da Terra” interpretando a coreografía: Al Norte (Autora: Olga Rodríguez Fuentes; música de Carlos Núñez).
-Conferencia Semblanza de un polígrafo gallego: Filgueira Valverde, a cargo Nieves Pena Sueiro, Drª. en Filoloxía Hispánica (UDC) e Profesora Titular de Literatura Española na Universidade da Coruña
-Convocatoria do XVI Concurso Literario de narrativa “Julio Camba”
-Actuación do coro “Voces de Santander” - Programa: picar aquí para descargar

Evento:
Día das Letras Galegas
Organiza:
Centro Gallego de Santander
Data:
13.05.2015
15.05.2015
Lugar:
Centro Gallego de Santander
Peña Herbosa, 6
Santander - 39003Cantabria España
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:
10.04.2026 a 11.04.2026





