Día das Letras Galegas 2014 en Salvador de Baía

Listen to this page using ReadSpeaker
819 lecturas

O mércores 14 de maio a partir das 19,00 h., na sede da entidade galega na capital baiana, a Asociación Cultural Caballeros de Santiago de Salvador de Baía celebra o Día das Letras Galegas cunha homenaxe a Xosé María Díaz Castro, o poeta guitiricense a quen se dedica a presente edición desta festa da nosa cultura.

Programa:

  • 19,00 h. Documental A lus do mundo
  • 19,30 h. Conferencia De Rosalía a Díaz Castro, que pronunciará David Rodríguez, profesor de CELGA (Centro de Estudos da Língua e Cultura Galegas)
  • 20,00 h. Recital
  • 20,15 h. "As Maruxiñas" grupo de canto e pandeireta, e os gaiteiros de Caballeros de Santiago
  • 20,30 h. Queimada e cóctel típico
Día das Letras Galegas 2014 en Salvador de Baía
Evento: 
Día das Letras Galegas
Organiza: 
Asociación Cultural Caballeros de Santiago
Data: 
14.05.2014
Hora: 
19,00
Lugar:
Asociación Cultural Caballeros de Santiago
Rua da Paciência, 441 - Río Vermelho
Salvador - 41950-010Bahia
Brasil
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta: