Día das Letras Galegas 2014 en Ponferrada

Listen to this page using ReadSpeaker
642 lecturas

O sábado 17 de maio a partir das 19,30 h., na sede da entidade galega na capital do Bierzo, o Centro Galicia en Ponferrada celebra o Día das Letras Galegas cun acto de homenaxe poético-musical a Xosé María Díaz Castro, no que se lerán textos deste poeta e tradutor guitiricense a quen a Real Academia Galega dedica a presente edición da gran festa da nosa cultura, a banda de gaitas do Centro interpretará varias pezas e, ao rematar, serviranse uns petiscos.

 

Día das Letras Galegas 2014 en Ponferrada
Evento: 
Día das Letras Galegas
Organiza: 
Centro Galicia en Ponferrada
Data: 
17.05.2014
Hora: 
19,30
Lugar:
Centro Galicia en Ponferrada
Avda. Reyes Católicos, 5-7 - baixo
Ponferrada - 24402León
España