Día das Letras Galegas 2014 na Universidade Federal da Bahia

Listen to this page using ReadSpeaker
592 lecturas

O venres 6 de xuño a partir das 17,00 h., no Labimagem, o Centro de Estudos da Língua e Cultura Galegas (CELGA) da Universidade Federal da Bahía celebra o Día das Letras Galegas 2014, dedicado na presente edición ao poeta e tradutor guitiricense Xosé María Díaz Castro.

Programa:

 

  • Presentación

  • A beleza feriunos para sempre, palestra a cargo do Profesor David Rodríguez

  • Os vellos non deben de namorarse: sátira e moralidade en Castelao, palestra a cargo do Profesor Márcio Muniz

  • Entrega de premios do Concurso de Traballos do CELGA

  • Grande foliada e petiscos

Máis info: en facebook

Día das Letras Galegas 2014 na Universidade Federal da Bahia
Evento: 
Día das Letras Galegas
Organiza: 
Centro de Estudos da Lingua e Cultura Galegas (CELGA) - Universidade Federal da Bahia
Data: 
06.06.2014
Hora: 
17,00
Lugar:
LABIMAGEM - Instituto de Letras da Universidade Federal da Bahia
Barão de Jeremoabo, 147 Ondina
Salvador - 40170-115Bahia
Brasil