Día das Letras Galegas 2014 con Manuel Rivas, no Centro Gallego de Bos Aires
O luns 19 de maio ás 19,30 h., no Teatro Castelao do Centro Gallego da capital arxentina, a Comunidade Galega de Bos Aires celebra o Día das Letras Galegas 2014, dedicado nesta edición ao poeta guitiricense Xosé María Díaz Castro, cunha disertación a cargo do escritor galego Manuel Rivas.
Ao remate do acto, o Coro Polifónico do Centro Gallego e o Grupo de Música e Danzas Galegas do Centro Galicia ofrecerán unha actuación.

Evento:
Día das Letras Galegas
Organiza:
Comunidade Galega de Bos Aires
Data:
19.05.2014
Hora:
19,30
Lugar:
Centro Gallego de Buenos Aires - Teatro Castelao
Moreno, 2176 (e/ Pasco)
Ciudad Autónoma de Buenos Aires - 1094Arxentina
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:
16.07.2026, 21.07.2026, 23.07.2026, 25.07.2026, 26.07.2026





