Día das Letras Galegas 2014 en Curitiba

Listen to this page using ReadSpeaker
561 lecturas

Entre os días 17 e 23 de Maio ten lugar na Universidade Federal do Paraná e no Instituto Cervantes de Curitiba diversos actos en conmemoración do Día das Letras Galegas. Nos días 21, 22 e 23 terán lugar os actos centrais, finalizando esta semana das Letras cunha queimada. O programa é o seguinte:

  • Sábado 17 de maio
    -Inauguración da Exposición de Libros en Lingua Galega
     Local: Biblioteca do Instituto Cervantes de Curitiba
     Condominio A Fábrika, Rua Ubaldino do Amaral 927
  • Martes 21 de maio, das 18,30 ás 20,00 h.
    -Conferencia: Mitoloxía na literatura galega, Ana María Rego Vilar (Coordinadora Académica do IC)
     Local: Biblioteca do Instituto Cervantes de Curitiba
     Condominio A Fábrika, Rua Ubaldino do Amaral 927
  • Xoves 22 de maio, das 16,30 ás 18,00 e das 18,30 ás 20,00 h.
    -Oficina/Obradoiro: Como ler en galego para lusófonos? As normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego, Francisco Calvo del Olmo (Prof. Lector DELEM-UFPR)
     Local: UFPR, Ed. Dom Pedro I, 10º Andar, Sala1005B
    -Conferencia: O Galego e a Lusofonía: encrucillada lingüística e cultural, Denís Vicente Rodríguez (Prof. Lector UERJ)
     Local: UFPR, Ed. Dom Pedro I, 10º Andar, Sala1005B
  • Venres 23 de maio, das 19,00 ás 20,30 h.
    -Conferencia de clausura: O Día das Letras Galegas: historia e presente, Denís Vicente Rodríguez (Prof. Lector UERJ)
     Biblioteca do Instituto Cervantes de Curitiba
     Local: Condominio A Fábrika, Rua Ubaldino do Amaral 927
Día das Letras Galegas 2014 en Curitiba
Evento: 
Día das Letras Galegas
Organiza: 
Instituto Cervantes de Curitiba & Universidad Federal do Paraná
Data: 
22.05.2014 a 23.05.2014
Lugar:
Instituto Cervantes de Curitiba
Ubaldino do Amaral, 927 - Alto da Glória (Condomínio A Fábrika, frente á Praça do Expedicionário)
Curitiba - 80045-150Paraná
Brasil