Cursos de folclore tradicional galego 2022 da Sociedad Parroquial de Vedra en Bos Aires

Listen to this page using ReadSpeaker
465 lecturas

O venres 4 de marzo, na sede da entidade do Val da Ulla en Bos Aires, dan comezo as clases 2022 de canto e pandeireta, gaita e percusión e baile tradicional galego que organiza a Sociedad Parroquial de Vedra en Bos Aires.

  • Os cursos están abertos a toda a comunidade, non se necesitan coñecementos previos e para poder participar ou informarse pódese achegar á sede da entidade os días venres no horario do curso de interese

Canto e pandeireta

  • Venres 18:30 a 19:00 h - Clases infantís
  • Venres 19:00 a 20:30 h - Clases para adolescentes e adultos/as 

Baile tradicional de Galicia

  • Venres 19:00 a 20:30 h - Clases infantís e adolescentes
  • Venres 20:30 a 22:00 h - Clases para adultos/as

Gaita e percusión galegas

  • Venres 20:30 a 22:30 h

Máis info: info@vedra.com.ar | sociedaddevedra.blogspot.com.es | Facebook | Twitter |Instagram | Cartel informativo

Cursos de folclore tradicional galego 2022 da Sociedad Parroquial de Vedra en Bos Aires
Evento: 
Curso
Organiza: 
Sociedad Parroquial de Vedra de mutualidad y cultura
Data: 
04.03.2022
Lugar:
Sociedad Parroquial de Vedra
José Mármol, 760
1236Ciudad Autónoma de Buenos Aires (CABA)
Arxentina