Curso de verán "Políticas de Integración de Inmigrantes: debates sobre a xestión da alteridade", na Universidade da Coruña
Do luns 21 ao venres 25 de setembro o Equipo de Socioloxía das Migracións Internacionais (ESOMI) da Universidade da Coruña organiza o curso Políticas de Integración de Inmigrantes: debates sobre a xestión da alteridade.
Prazo de matrícula: ata o 17 de setembro
Duración: 20 h.
Xornadas:
- Luns, 21 de setembro: "O debate cultural das políticas de integración"
- Martes, 22 de setembro: "A xestión da diversidade relixiosa"
- Mércores, 23 de setembro: "As políticas educativas de integración e diversidade"
- Xoves, 24 de setembro: "Migracións e coidados"
- Venres, 25 de setembro: "Políticas públicas de integración de inmigrantes. Cara a onde imos?"
Máis info e inscricións: www.udc.es e no facebook

Evento:
Curso
Organiza:
Equipo de Socioloxía das Migracións Internacionais (ESOMI)
Data:
21.09.2015 a 25.09.2015
Lugar:
Universidade da Coruña
Paseo de Ronda, 47
A Coruña - 15011A Coruña España
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta: