Curso de Saúde Infantil
O venres 14 de setembro de 9,00 h. a 14,00 h., na súa sede de A Coruña, a ONG Equus Zebra organiza, coa colaboración da ONG Médicos do Mundo, un Curso Gratuíto de Saúde Infantil. A inscrición previa ha de realizarse chamando ao tlf. 881 898 930 ou no enderezo de correo-e info@equuszebra.com.
A xornada, que dura toda a mañá, dará ás e aos participantes os contidos básicos sobre coidado infantil (alimentación, vacinas, lactación) e tamén sobre as últimas novidades da aprobada reforma sanitaria. As persoas participantes recibirán un diploma acreditativo ao finalizar a formación.
A ONG Equus Zebra naceu en 2000 na Coruña e dedícase dende entón a favorecer, desenvolver e propiciar todo tipo de actividades, programas e servizos, encamiñados a potenciar, a plena integración das persoas inmigrantes e dos colectivos en risco de exclusión social.






