Curso Práctico de Lingua Galega 2017-2018, na Universidade de Deusto

Listen to this page using ReadSpeaker
514 lecturas

A Cátedra de Estudos Galegos da Universidade de Deusto, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, organiza o seu Curso Práctico de Lingua Galega 2017-2018.

Obxectivo do curso: adquisición e práctica por parte do alumnado dunhas competencias básicas (orais e escritas) no idioma galego, homologables aos niveis A1 e A2 do "Marco Europeo Común de Referencia para as Linguas".  Ademais, o curso orientarase moi especialmente á preparación dos exames Celga, que convoca cada ano a Xunta de Galicia (www.xunta.es/linguagalega/celga)

Horas lectivas: 70 horas presenciais, repartidas en dúas sesións semanais de 1:30 h. cada unha

Duración: 21/11/2017-26/04/2018

Horario: martes e xoves de 19:30 a 21:00 h

Custo: 325 €

Profesorado: Ana Fernández Troncoso (profesora lectora da Cátedra de Estudos Galegos). Despacho 334-D (telf. 944 139 063, ext. 2493)

Inscrición: (ata as 12:00 h o 20 de novembro)

Máis info: na web socialesyhumanas.deusto.es, Facebook e o enderezo de correo-e ana.troncoso@deusto.es

Curso Práctico de Lingua Galega 2017-2018, na Universidade de Deusto
Evento: 
Curso
Organiza: 
Cátedra de Estudos Galegos da Universidade de Deusto / Deustuko Unibertsitatea
Data: 
21.11.2017
Hora: 
19:30
Lugar:
Facultad de Ciencias Sociales y Humanas
Deustuko Unibertsitatea (Campus de Bilbao)
Bilbao - 48007Bizkaia
España