Curso de lingua francesa, en París

Listen to this page using ReadSpeaker
858 lecturas

A Confederación Asociación de Padres de Familias Españolas Residentes en Francia (APFERF), coa colaboración do Instituto Cervantes de París, organiza cursos de francés de nivel intermedio para españois/las residentes en Francia.

Test de clasificación (test de nivel) antes de matricularse:

  • Os/as interesados/as terán que inscribirse vía correo electrónico en secpar@cervantes.es a partir do 26 de xaneiro e ata o 9 de febreiro do 2015.
  • O test de nivel, gratuíto, terá lugar o día 14 de febreiro do 2015 na sede do Instituto Cervantes de París

Matrícula:

  • É preciso ter pasado o test de nivel gratuíto do 14 de febreiro
  • Prazo de matrícula: ata o 20 de febreiro
  • Prazas limitadas
  • Gratuíta (cota de inscrición 50 €)

Requisitos previos:

  • Ter nacionalidade española e ser menor de 35 anos
  • Estar inscrito/a no consulado español en Francia
  • Nivel de francés mínimo de A2 consolidado. Pasar test de nivel gratuíto do 14 de febreiro

Datas, horarios e lugar de celebración:

  • Calendario dos cursos: do 3 de marzo ao 2 de xullo do 2015
  • Todos os martes e os xoves de 18,30 a 20,30 h.
  • Lugar: Instituto Cervantes de París. 7, Rue Quentin Bauchart 75008 París
Curso de lingua francesa, en París
Evento: 
Curso
Organiza: 
Confederación Asociación de Padres de Familias Españolas Residentes en Francia (APFERF) & Instituto Cervantes de París
Data: 
09.02.2015
Lugar:
Instituto Cervantes de París
7 Rue Quentin-Bauchart
París - 75008
Francia