Curso de lingua e cultura galegas 2019-2020, en Madrid

Listen to this page using ReadSpeaker
418 lecturas

A Casa de Galicia en Madrid, sede da Delegación da Xunta na capital de España, ofrece o curso presencial de galego Lingua e cultura galegas cun amplo programa dirixido a cantas persoas, galegas ou non, desexen iniciarse e/ou mellorar no idioma, así como adquirir coñecementos básicos tamén en historia, arte, literatura e cuestións de sociolingüística no ámbito galego.

  • A finalidade do curso é achegar habilidades comunicativas no idioma galego, tanto na expresión e comprensión oral como escrita, cun nivel de competencia que permita satisfacer as necesidades de comunicación máis elementais. Os obxectivos e as unidades didácticas da programación para este nivel (A2) seguen as directrices do Marco común europeo de referencia para as linguas.

Convocatoria: picar aquí para descargar

Inscricións:

  • Do 16 de setembro ao 4 de outubro (ambos incluídos)
  • Modelo de solicitude: (picar aquí para descargar), deberá presentarse para o seu rexistro nas oficinas da Casa de Galicia (r/ Casado del Alisal, 8. 28014 Madrid) ou en calquera rexistro habilitado para tal efecto
  • Nº de prazas: 25, polo que se terá en conta a orde de entrada na selección do alumnado
  • O curso é gratuíto

Datas e horarios:

  • Impartirase de outubro a xuño, os mércores, en horario de tarde, (previsiblemente de 19:00 a 21:00 horas)
  • Horas lectivas: 70
  • Ao finalizar entregarase un diploma acreditativo

Máis info: casadegalicia.xunta.gal

Curso de lingua e cultura galegas 2019-2020, en Madrid
Evento: 
Curso
Organiza: 
Casa de Galicia en Madrid - Delegación da Xunta de Galicia en Madrid
Data: 
04.10.2019
Lugar:
Casa de Galicia en Madrid
Casado del Alisal, 8
Madrid - 28014Madrid
España
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta: