Curso gratuíto: "Formación para persoas empregadas no servizo doméstico", en Ribeira

Listen to this page using ReadSpeaker
1144 lecturas

A ONG H+D coa colaboración do Concello de Ribeira e o financiamento do Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad organiza o curso gratuíto: Formación para persoas empregadas no servizo doméstico.

  • Obxectivo: Formar as persoas cos coñecementos básicos para levar a cabo os labores da limpeza da casa, o lavado, secado e pasada das pezas e, o coidado dos/as máis pequenos/as e/ou persoas maiores
  • O curso considera un módulo de orientación laboral e asesoramento xurídico "Réxime laboral de empregadas de fogar: xornada, vacacións, permisos ou cotizacións", con 4 horas de duración
  • Horas lectivas: 30
  • Priorizaranse persoas inmigrantes (non importa a situación xurídico-administrativa), así como emigrantes retornados/as
  • Lugar de celebración: Concello de Ribeira, aulas de formación do departamento de Servizos Sociais Comunitarios
  • Datas: do 21 outubro ao 4 novembro de 2015
  • Horario: luns a venres de 10,30 a 13,30 h.
  • Inscricións:
    -Oficina H+D: R/ Galeras 13, oficina 1, 2º andar  |  Tlf: 881 03 13 19.
      Correo-e: lmaquieira@hmasd.org
    -Concello de Ribeira: correo-e: servizossociais@riveira.com | Tlf: 981 87 41 31
Curso gratuíto: "Formación para persoas empregadas no servizo doméstico", en Ribeira
Evento: 
Curso
Organiza: 
Fundación Humanismo y Democracia, H+D ONGD
Data: 
21.10.2015
Hora: 
10,30
Lugar:
Concello de Ribeira - Aulas de formación do departamento de Servizos Sociais Comunitarios
Cristóbal Colón, 42 - baixo
Ribeira - 15960A Coruña
España