Curso gratuíto de formación para o emprego: "Calidade de servizo e atención ao cliente", en Vigo
A ONG H+D coa colaboración do Concello de Vigo e o financiamento do Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad, organiza , no Centro Social Rivera Atienza da cidade olívica, o curso gratuíto de formación para o emprego Calidade de servizo e atención ao cliente.
- Obxectivo: mediante este curso o alumnado aprenderá a incorporar no seu desenvolvemento profesional e persoal as habilidades necesarias así como coñecer estratexias básicas para ofrecer un servizo de calidade ao cliente
O curso será eminentemente práctico e ofrecerase un módulo de orientación laboral Destinatarios/as: persoas en situación de desemprego
Priorizaranse persoas inmigrantes e emigrantes retornados/as
Prazas: 30 persoasDatas e horario: 12,13,16,17,19,20,23,24,26 e 27 de novembro de 10,00 a 13,00 h.
Horas lectivas: 30 h.
Lugar: Centro Social Rivera Atienza
Inscricións: Tlf.: 881 03 13 19. ou lmaquieira@hmasd.org

Evento:
Curso
Organiza:
Fundación Humanismo y Democracia, H+D ONGD
Data:
12.11.2015
Hora:
10,00
Lugar:
Centro Social Rivera Atienza
Avda. de Emilio Martínez Garrido, 19
Vigo - 36205Pontevedra España
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:
14.05.2022, 17.05.2022, 19.05.2022, 21.05.2022, 27.05.2022, 01.06.2022