Curso de Galego para adultos en París
O Centro de Estudos Galegos de París está a organizar un Curso de Galego para adultos os venres lectivos de 18,00 a 20,00 h. na sala 443 do Centro Censier da Universidade París 3. Trátase dun curso de lingua e cultura galegas no que se poñerán en práctica as catro destrezas comunicativas: ler, escoitar, escribir e falar a través do visionado de películas, curtametraxes e documentais galegos e tamén en base á lectura de obras literarias en galego.
Máis info: cegadeparis@gmail.com
Días lectivos:
- Venres 18 de novembro
- Venres 25 de novembro
- Venres 2 de decembro
- Venres 9 de decembro
- Venres 16 de decembro
- Venres 6 de xaneiro do 2012

Evento:
Curso
Organiza:
Centro de Estudos Galegos de París
Data:
18.11.2011
Hora:
18,00
Lugar:
Centre Censier de l'Université Paris 3- Sorbonne Nouvelle
13, rue Santeuil
ParísFrancia
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:





