Curso de formación de profesorado de español Nivel 1, no Instituto Cervantes de Mánchester

Listen to this page using ReadSpeaker
1206 lecturas

O Instituto Cervantes de Mánchester organiza cursos de formación de profesores/as de español Nivel 1.

Programa 2015

  • Do 6 ao 17 de xullo (Intensivo polas mañás, de luns a venres, de 10,30 a 13,30 h.)
    Data límite de preinscrición: 25 de xuño
  • Do 9 de outubro ao 11 de decembro (venres, de 17,30 a 20,30 h.)
    Data límite de preinscrición: 21 de setembro

Destinatarios/as:

  • Dirixido a licenciados/as universitarios/as, nativos/as ou con capacidade lingüística similar á dun/ha nativo/a de español, interesados/as no ensino de español como lingua estranxeira (ELE)
  • Prezo: £ 420 / £ 378 estudantes e auxiliares de conversación
  • Número de prazas: máximo 16

Contidos:

  • 10 obradoiros de 3 horas de luns a venres de 10,30 a 13:,30 h. sobre os seguintes temas:
    -Presentación do curso e conceptos básicos de ensino e aprendizaxe de ELE
    -Enfoques e programacións na clase de ELE
    -A aula de ELE. Observacións
    -Destrezas de expresión: interacción oral e expresión escrita
    -Destrezas de interpretación: comprensión auditiva e comprensión lectora
    -Discurso do/a profesor/a e manexo da aula
    -Análise de materiais e planificación
    -Presentación de actividades para a aula (microteaching)
    -Aspectos afectivos e dinámicas de aula
    -As TICs na clase de ELE

Observacións de clase:

  • É necesario observar un mínimo de 6 horas de clase impartidas por profesores do Instituto Cervantes

Prácticas:

  • a) Os/as alumnos/as deberán presentar na sesión 8 unha actividade que será avaliada polo profesor
  • b) Os/as alumnos/as do curso deberán preparar en grupo e impartir unha hora de práctica supervisada (15 minutos cada alumno/a) nun grupo de estudantes do Instituto Cervantes creado para este fin.

Matrícula:

  • A matícula e o pagamento pódense facer por teléfono chamando ao 0161 6614201 de luns a venres de 9,30 a 19,30 h., ou en persoa no mesmo horario. O pagamento pódese facer con tarxeta de débito/crédito ou por transferencia bancaria, antes do comezo do curso
  • Para máis información sobre o próximo curso de formación de profesorado pode chamar aos seguintes teléfonos: 0161 661 42 01 /12 ou enviar un correo a secman@cervantes.es

Máis info: Instituto Cervantes de Mánchester

Curso de formación de profesorado de español Nivel 1, no Instituto Cervantes de Mánchester
Evento: 
Curso
Organiza: 
Instituto Cervantes de Mánchester
Data: 
06.07.2015
09.10.2015
Lugar:
Instituto Cervantes de Mánchester
326/330 Deansgate
Manchester - M3 4FNManchester (Greater)
Reino Unido
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:
Semana Galega 2026 no Lar Galego de Chile.
16.07.2026, 21.07.2026, 23.07.2026, 25.07.2026, 26.07.2026