Curso de Comercio Exterior da A.E.G.U.
O luns 13 de maio, na sede da entidade galega na capital uruguaia, da comezo o Curso de Comercio Exterior organizado pola Asociación Empresarios Gallegos del Uruguay (A.E.G.U.).
Inscricións:
- No enderezo de correo-e patricia.arijon@aegu.org.uy ou na secretaría aos tlfs. 29154200/29153346 en horario de 10,00 a 18,00 h.
- Custo da inscrición: persoas asociadas $ 500 / non asociadas $ 1.000
- Data límite da inscrición: 7 de maio
- Prazas limitadas
Destinatarios/as: Propietarios/as de empresas; xerentes, cargos medios e persoal asistente das áreas de comercio exterior; emprendedores/as e público en xeral que estea disposto a desenvolver ou estea a planificar levar adiantes xestións comerciais co exterior.
Obxectivo: Coñecer os distintos mecanismos e adquirir as ferramentas e habilidades nos requisitos e procedementos para levar adiante a xestión comercial co exterior.
Datas e horario de impartición do curso: luns 13, mércores 15, luns 20 e mércores 22 de maio en horario de 18,30 a 20,00 h.
Temario:
- Quero Importar/ Exportar: Que debo facer?
- Esquema de réxime legal
- Mercado de cambios
- Tratados e convenios
- Operativas de importación / exportación
- Zonas Francas
- Porto Libre
- Adquisicións temporarias
- Réximes especiais
- Cartas de crédito
- Compras por internet
Máis info: Asociación Empresarios Gallegos del Uruguay






