Curso de baile tradicional galego, en Alacant
O Centro Galego de Alacant organiza, no marco do programa de Obradoiros da Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia, un curso intensivo de baile tradicional galego que pretende amosar a riqueza de movementos e ritmos que hai nos bailes soltos e agarrados de Galicia.
- Pasodobre, valse, mazurca, rumba, chotis ou dous pasos son algúns dos bailes de parella que se ensinarán.
- Os bailes de grupo como os xogos de roda, a muiñeira, a jota e o maneo, son os bailes soltos aos que se adicará máis tempo por ser dunha complexidade maior.
- A aprendizaxe farase con recurso aos “bailegramas”, método de anotación dos movementos creado por Sergio Cobos.
Profesora: Mercedes Prieto
Duración: 15 días intensivos (40 horas lectivas)
Lugar: instalacións do Centro Galego
Data de comezo: 15 de novembro
Horario: a convir
Prezo: de balde para socios/as
Máis info / inscricións: Tlf. 648 471 393 |centrogallego@hotmail.es | Facebook

Evento:
Curso
Organiza:
Centro Galego de Alicante
Data:
15.11.2018
Lugar:
Centro Galego de Alicante
Jovellanos, 1
Alacant - 03002Alicante-Alacant España
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:
10.04.2026 a 11.04.2026





