Curso 2021 de técnicas de construción para traballadores/as españois/las empregados/as na industria suíza da construción, en Galicia
A Dirección General de Migraciones do Ministerio de Trabajo, Migraciones y Seguridad Social en colaboración coa Fundación Laboral de la Construción, a Sociedade Suíza de Empresarios da Construción, os Sindicatos UNIA e SYNA e co apoio financeiro do Fondo Paritario de Formación do sector principal da construción (Parifonds-Construcción) organizan en Santiago de Compostela o Curso 2021 de técnicas de construción para traballadores/as españois/las empregados/as na industria suíza da construción.
Lugar de realización, datas e duración
- Lugar: Santiago de Compostela (A Coruña)
- Datas: do 4 de xaneiro ao 26 de febreiro de 2021
- Duración: 320 h, de luns a venres en bloques de 40 horas semanais aprox.
Contidos didácticos
- Encofrado, canalizacións, entibados e pozos, mampostería de ladrillo, coñecementos básicos de interpretación de planos, seguridade e hixiene no traballo
Requisitos para participar
- Acreditar experiencia no sector da construción en Suíza durante, alomenos, 6 meses nos 12 meses anteriores ao comezo do curso
- Ter cotizado previamente ao Parifonds durante seis meses
- Proposta do/a empresario/a para participar no curso
Condicións de participación
- O/a participante recibirá unha indemnización por asistencia do Parifonds de 200 francos por día de clase, se cumpre os requisitos establecidos no Regulamento do Parifond.
- O/a participante que finalice o curso poderá ser clasificado na categoría salarial "A" (se non estivera xa nela)
- O/a traballador/a de temporada e a súa empresa comprométense a concertar un novo contrato de traballo. De tratarse dun/ha traballador/a con permiso "B" ou "C", a empresa comprométese a conceder ao/á traballador/a permiso para asistir ao curso
NOTA: os/as traballadores/as da construción empregados/as a través de empresas de traballo temporal tamén poderán asistir ao curso, aínda que en condicións diferentes (máis info)
Inscrición:
- Debe realizarse a través da empresa
- Prazo de inscrición: ata o 4 de novembro de 2020
- Formulario de inscrición: picar aquí para acceder
Máis info:
Consejería de Trabajo, Migraciones y Seguridad Social - Embajada de España en Berna
(Código DIR3. EA0041878)
Kirchenfeldstr. 42 — 3005 Bern
Telf: 031 / 357 22 57 - Fax: 031 / 352 15 45
E-mail: suiza@mitramiss.es | Web Consejería
