Curso 2019 de técnicas de construción para traballadores/as españois/las empregados/as na industria suíza da construción, en Galicia

Listen to this page using ReadSpeaker

Avísame

191 lecturas

A Dirección General de Migraciones do Ministerio de Trabajo, Migraciones y Seguridad Social en colaboración coa Fundación Laboral de la Construción, a Sociedade Suíza de Empresarios da Construción, os Sindicatos  UNIA e  SYNA e co apoio financeiro do Fondo Paritario de Formación do sector principal da construción (Parifonds-Construcción) organizan en Santiago de Compostela o Curso 2019 de técnicas de construción para traballadores/as españois/las empregados/as na industria suíza da construción.

Lugar de realización, datas e duración

  • Lugar: Santiago de Compostela (A Coruña)
  • Datas: do 2 de xaneiro ao 22 de febreiro de 2019
  • Duración: 320 h, de luns a  venres en bloques de 40 horas semanais

Contidos didácticos

  • Encofrado, canalizacións, entibados e pozos, mampostería de ladrillo, coñecementos básicos de interpretación de planos, seguridade e hixiene no traballo

Requisitos para participar

  • Acreditar experiencia no sector da construción en Suíza durante, alomenos, 6 meses nos 12 meses anteriores ao comezo do curso
  • Ter cotizado previamente ao Parifonds durante seis meses
  • Proposta do/a empresario/a para participar no curso

Condicións de participación

  • O/a participante recibirá unha indemnización por asistencia do Parifonds de 200 francos por día de clase, se cumpre os requisitos establecidos no Regulamento do Parifond. 
  • O/a participante que finalice o curso poderá ser clasificado na categoría salarial "A" (se non estivera xa nela)
  • O/a traballador/a de temporada e a súa empresa comprométense a concertar un novo contrato de traballo. De tratarse dun/ha traballador/a con permiso "B" ou "C", a empresa comprométese a conceder ao/á traballador/a permiso para asistir ao curso

NOTA: os/as traballadores/as da construción empregados/as a través de empresas de traballo temporal tamén poderán asistir ao curso, aínda que en condicións diferentes

Inscrición:

  • Debe realizarse a través da empresa
  • O prazo de inscrición foi ampliado ata o luns 26 de novembro de 2018
  • Formulario de inscrición: picar aquí para acceder

Máis info:

Consejería de Trabajo, Migraciones y Seguridad Social - Embajada de España en Berna
(Código DIR3. EA0021900)
Kirchenfeldstr. 42 — 3005 Bern
Telf: 031 / 357 22 57 - Fax: 031 / 357 22 51
E-mail: suiza@mitramiss.es

Curso 2019 de técnicas de construción para traballadores/as españois/las empregados/as na industria suíza da construción, en Galicia
Evento: 
Curso
Organiza: 
Dirección General de Migraciones - Ministerio de Trabajo, Migraciones y Seguridad Social
Fundación Laboral de la Construcción
Schweizerische Baumeisterverband - Société Suisse des Entrepreneurs
Sindicatos UNIA & SYNA
Data: 
02.01.2019
Lugar:
Fundación Laboral de la Construcción - Centro de Santiago de Compostela
Pontepedriña de Arriba, 13 (Romaño)
Santiago de Compostela - 15705A Coruna
España
  • O TEMPO EN:Santiago de Compostela
    Hoxe
    13°
    Parcialmente anubrado
    Mañá
    16°
    Anubrado