Convocatoria de voces para o Coro Polifónico do Centro Gallego de La Plata

Listen to this page using ReadSpeaker
641 lecturas

O xoves 8 de maio ás 16,30 h., na sede da entidade, o Centro Gallego de La Plata abre unha convocatoria de voces para o Coro Polifónico da entidade.

  • O repertorio será en parte música tradicional galega e outra parte de música popular arxentina
  • Para este ano hai previstas varias presentacións en diferentes lugares da cidade e unha xira ao interior do país para o mes de setembro
  • As persoas interesadas deberán comunicarse por mensaxe privada na páxina de facebook ou presentarse no Centro Gallego de La Plata o xoves ás 16,30 h.
  • Os ensaios realízanse os días xoves de 17,00 a 19,30 h.
Convocatoria de voces para o Coro Polifónico do Centro Gallego de La Plata
Organiza: 
Centro Gallego de la Plata
Data: 
08.05.2014
Hora: 
16,30
Lugar:
Centro Gallego de La Plata
Calle 42, 373 (entre 2 y 3)
La Plata - 1900Buenos Aires
Arxentina