Contapinta - Aula GaliciaAberta

Listen to this page using ReadSpeaker
2702 lecturas

A Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia, dentro do seu programa Aula GaliciaAberta, organiza Contapinta, un obradoiro en liña co obxectivo de promover a cultura galega entre os/as máis pequenos/as da Galicia do exterior.

Destinatarios/as - Participantes: 

  • Os/as cativos/as, e tamén os/as máis maiores, interesados/as en coñecer tanto as biografías de persoeiros relevantes para a historia da emigración galega como Castelao, Ánxeles Alvariño ou Luis Seoane como unha escolma de contos que xa forman parte da tradición e a cultura galegas
  • É de carácter gratuíto e non precisa inscrición 

Datas e horarios das clases: os sábados, ás 18:00 h.

Profesores: Kike Mauricio Iglesias e Carlos Taboada, de Polo Correo do Vento

Emisión das clases: a través de Facebook Live

Estrutura das sesións:

  • Kike Mauricio, a través do Facebook Live de GaliciaAberta, ofrecerá un contacontos sobre un persoeiro senlleiro da nosa cultura ou un relato tradicional galego mentres Carlos Taboada realiza unha ilustración mural vinculada ao texto, buscando a interacción co público infantil de todo o mundo
  • A segunda parte da actividade consiste nun obradoiro de ilustración no que, todos/as xuntos/as, coas directrices de Carlos Taboada, debuxaremos, cada un/ha, unha personaxe do conto

Publicación dos debuxos: Os/as nenos/as poden facer chegar as súas creacións realizadas durante a actividade á Secretaría Xeral da Emigración, a través do enderezo de correo-e aulagaliciaaberta.emigracion@xunta.gal, que serán publicadas nesta mesma páxina web

Materiais para a preparación das clases: lapis e papel

Máis info: emigracion.xunta.gal | Facebook | Twitter | Instagram | YouTube | Correo-e: aulagaliciaaberta.emigracion@xunta.gal

Contapinta - Aula GaliciaAberta
Evento: 
Curso
Organiza: 
Secretaria Xeral da Emigración
Data: 
30.05.2020
06.06.2020
13.06.2020
20.06.2020
27.06.2020
04.07.2020
11.07.2020
18.07.2020
25.07.2020
01.08.2020
Hora: 
18:00
Lugar:
Secretaría Xeral da Emigración
Praza de Mazarelos, 15
Santiago de Compostela - 15703A Coruña
España
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta: