Conferencia "Parlamento de Galicia, Medicina e Sociedade", por Miguel Santalices Vieira, presidente do Parlamento de Galicia, en Madrid
O xoves 27 de abril ás 19:30 h, na Casa de Galicia en Madrid - Delegación da Xunta de Galicia en Madrid, o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices Vieira, pronunciará a conferencia Parlamento de Galicia, Medicina e Sociedade.
Esta conferencia inaugura o ciclo "Medicina e Humanidades", organizado pola Asociación de Médicos Gallegos (ASOMEGA) xunto coa Previsión Sanitaria Nacional (PSN), dirixido e coordinado polo Dr. Julio Ancochea Bermúdez, presidente da Asociación de Médicos Gallegos en Madrid (ASOMEGA)
O ciclo de conferencia "Medicina e Humanidades", que consta dun total de seis relatorios, nace como foro de pensamento e debate e reunirá periodicamente a profesionais de recoñecido prestixio do ámbito da Medicina que se darán cita tanto na Casa de Galicia en Madrid como na nova sede central de PSN






