Conferencia "Mensaje y leyendas del Pórtico de la Gloria", en Madrid

Listen to this page using ReadSpeaker
105 lecturas

O mércores 15 de novembro ás 19:00 h, na Casa de Galicia en Madrid, Javier Fernández Díaz, membro da Asociación Jacobea Valisoletana, pronunciará a conferencia Mensaje y leyendas del Pórtico de la Gloria.

  • Esta conferencia enmárcase dentro do Seminario Cimadevila Covelo de Estudios Jacobeos que desde o ano 2001 organiza a Asociación de Amigos del Camino de Santiago de Madrid.
  • Javier Fernández Díaz, galego residente en Valladolid, estudante en Foz, Lugo e Valladolid, universitario e residente en Santiago de Compostela e con máis de corenta anos de docencia, é membro da Asociación Jacobea Valisoletana.
  • A Asociación de Amigos de los Caminos de Santiago de Madrid organiza na Casa de Galicia en Madrid o ‘Seminario Cimadevila Covelo de Estudos Xacobeos’, que se creou en 2001 como homenaxe ao ilustre galego do que tomou o nome, José Antonio Cimadevila Covelo, que presidiu o Centro Gallego de Madrid e tamén a Asociación desde 1987 data da súa fundación. Neste seminario a Asociación reúne a estudiosos/as e personalidades que achegan unha mirada fundamental ao complexo fenómeno xacobeo.
  • Esta asociación naceu para ser en Madrid lugar de reflexión sobre o Camiño de Santiago e a diversa realidade creada polo fenómeno da peregrinación e está aberta a cantos ámbitos de coñecemento poidan axudar no estudo do Camiño e a peregrinación a Compostela, entre outros os da historia, a arte, a xeografía, a filosofía, a lexislación, a enxeñería ou a socioloxía.
Conferencia "Mensaje y leyendas del Pórtico de la Gloria", en Madrid
Evento: 
Conferencia/Charla
Organiza: 
Casa de Galicia en Madrid
Data: 
15.11.2023
Hora: 
19:00
Lugar:
Casa de Galicia en Madrid
Casado del Alisal, 8
Madrid - 28014Madrid
España
booked.net