Conferencia 'As Irmandades da Fala 1916-2016 / Les Normes de Castelló 1932 (Sinais identitarios)', en Castelló
O sábado 15 de outubro ás 19,00 h., no Salón de actos do Museu de Belles Arts da capital castellonenca, o Centro Galego de Castelló 'O Aturuxo', co gallo do centenario da creación das Irmandades da Fala, organiza a conferencia e posterior faladoiro As Irmandades da Fala 1916-2016 / Les Normes de Castelló 1932 (Sinais identitarios), con entrada libre (confirmación de asistencia no tlf. 690 653 904).
Programación:
- Vicent Pitarch, catedrático de bacharelato e membro do l’Institut Interuniversitari de Filologia Valenciana e do Grup Català de Sociolingüística, disertará sobre Les Normes de Castelló de 1932
- Manoel Carrete, historiador e presidente do Centro Galego de Barcelona, falará sobre As Irmandades da Fala 1916
- Coloquio aberto
- Ao rematar servirase un viño galego

Evento:
Conferencia/Charla
Organiza:
Centro Galego de Castelló O Aturuxo
Data:
15.10.2016
Hora:
19,00
Lugar:
Museu de Belles Arts de Castelló - Salón de actos
Av. dels Germans Bou, 28
Castelló de la Plana - 12003Castellón-Castelló España
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:





